Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carballo e Corcubión únense á rede de Concellos acolledores de refuxiad@s siri@s

Carballo e Corcubión únense á rede de Concellos acolledores de refuxiad@s siri@s
Refuxiados Sirios-Foto-ACNUR Refuxiados Sirios-Foto-ACNUR Como facía hai unha semana o Concello de Corcubión (que ofrece dúas vivendas) e outros 70 concellos galegos, o de Carballo vén de integranse na rede de concellos acolledores de persoas refuxiadas pola guerra de Siria. A Concellería de Igualdade e Benestar solicita a colaboración cidadá tanto para a cesión de vivendas coma para tarefas de acompañamento. Dentro do acordo marco a tres bandas acadado polo Goberno do Estado, a Xunta de Galicia e a Fegamp, a Concellería de Igualdade e Benestar de Carballo pon á súa disposición todo tipo de recursos encamiñados a facilitar a integración d@s refuxiad@s como galegos de pleno dereito. Neste sentido están previstos programas de emerxencia social e educación familiar, un dispositivo especial no Centro de Información á Muller, un servizo de busca de emprego a través da Bolsa de Traballo municipal, clases de español e de galego, un servizo telemático de tradución e un programa de información, orientación e valoración que suporía o primeiro contacto cos/as posibles usuarios/as. Os refuxiados que rematen en Carballo contarán co apoio de tres traballadoras sociais que apoiarán en aspectos sanitarios, escolares, de vivenda e facilitarán a relación e coordinación co resto de Administracións, a colaboración no proceso de acollida, asñi como a Cruz Vermella e Cáritas. Esta última pon a disposición do Concello todas as prazas de vivenda das que dispón, que se sumarán ás rexistradas no banco de aluguer social municipal.

Sen vivendas

Non obstante, dende a Concellería de Igualdade e Benestar faise un chamamento á colaboración dos propietarios que estean en disposición de ceder pisos ou casas. “Nós temos recursos, pero non temos vivendas”, explica Maica Ures. Esas vivendas pasarían a formar parte do banco de aluguer, de maneira que o Concello de Carballo subscribiría os seguros correspondentes e cubriría tamén todos os gastos de mantemento e impostos municipais. O obxectivo da Concellería de Igualdade e Benestar é dispoñer dunha oferta o máis ampla posible aínda que finalmente non chegue a ser precisa. A concelleira tamén pide a colaboración das veciñas e veciños que se ofreceron para acoller refuxiad@s para que -dado que ese tipo de asilo non está previsto- realicen tarefas de acompañamento para todo tipo de trámites administrativos. Nese sentido, dende o departamento de Igualdade e Benestar tamén se pide a colaboración de avogados, psicólogos e calquera outro profesional que poida ofrecer os seus servizos ás persoas refuxiadas. En principio, a chegada d@s primeir@s refuxiad@s está prevista para dentro de seis meses, e a súa acollida en Galicia faríase de xeito gradual ao longo dos dous anos seguintes.

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios