Carmen Adán apréndenos a afrontar as violencias machistas
07:44 18/11/24
Este domingo 17 de novembro desenvolveuse na Casa da Cultura de Corcubión o acto de presentación do "Manual básico para afrontar as violencias machistas", que tivo como relatora a Carme Adán, ex-Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta na época do bipartito PSdeG-BNG.
O evento, presentado por Mercé Barrientos e organizado pola Acción Feminista do BNG Costa da Morte, serviu para dar a coñecer toda a información de axuda ás vítimas de violencia sexual, facendo fincapé na importancia de recoñecer, actuar e restaurar cando se producen casos de agresións machistas.
Timba feminista
Aproveitamos para lembrar tamén a timba feminista que organizou a Asoc. Sonlilá este xoves na Casa da Mariñeira.