Martes. 21.05.2019
El tiempo

Comezaron as obras de acondicionamento do solar do cine vello de Corcubión

Comezaron as obras de acondicionamento do solar do cine vello de Corcubión
Esta maña de venresObras no Solar do Cine Vello de Corcubion 1 Por fin os veciños de Corcubión poderán gozar dunha praza de Castelao sen enreixados. Onte comezaban as obras de acondicionamento do solar do cine vello de Corcubión. Non se levará a cabo, aínda, a anhelada reforma integral da Praza Castelao, pero si que permitirá quitar do corazón da vila esa perigosa selva. Unha obra que leva en formulación dende 2009, aínda que só puido ser expropiado a comezos deste 2018 tras un longo contencioso. Veremos se antes de que remate o ano estas obras xa están rematadas e permiten que os veciños puidan disfrutar duns banquiños e unha zona de lecer. Comezaron as obras tirando cos casetos de ladrillo que tan ben combinaban coas fermosas casas de pedra do arredor, tocará desbrozar a selva e esperan que a semana que vén xa poidan comezar co recheo (con cemento, zahorra, gravilla e céspede) para poñer a nivel (haberá un pequeno desnivel pero sen muro, para que taberna da Gavilla quede ben aberta á praza) e adecentar o lugar. Colocarán ademais, segundo nos indica o alcalde Lalo Insua, “unhas farolas, un par de bancos para que poidan disfrutar os veciños”. ”As obras saen dunha partida de 20.000€ dos orzamentos deste ano. Non é moito, pero polo menos que os veciños poidan disfrutar da zona”.

A reforma integral da Praza, un proxecto de futuro

Quedará para adiante, para moito máis adiante, semella, a ansiada reforma integral da Praza Castela. “No futuro, temos en mente un gran proxecto para a Praza de Castelao. Segue en marcha o concurso de ideas cos alumnos da Universidade de Arquitectura da Coruña, que están traballando en diferentes propostas. De feito, estamos en conversas con Joan Creus para facer unha exposición coas maquetas máis interesantes que nos poidan servir de base para elaborar o proxecto definitivo”. Pero para elo Insua fala case en clave de lustros, pois valora que “farán falta 600.000€ e iso é imposible facelo en pouco tempo”. Malia que recoñece que é imposible falar de prazos, sinala que “espero conseguir, se seguimos no goberno, que nos vindeiros 4 anos, polo menos, poder iniciar o proxecto”. ”Xa sei que a moita xente non lle gusta o cruce de camiños, pero intentaremos que Corcubión teña unha praza humanizada”, apunta.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios