Xoves. 19.09.2019
El tiempo

Comezaron as obras de reposición da legalidade urbanística no edificio da Praza Castelao

Comezaron as obras de reposición da legalidade urbanística no edificio da Praza Castelao
Edificio Praza Castelao obras Comezaron as obras de reposición da legalidade no edificio do centro de Corcubión-Foto-Arela

Algo pasa en Corcubión. Despois das obras de acondicionamento do Solar do Cine Vello acaban de comezar as obras de reposición da legalidade do edificio do centro da Praza de Castelao. Comezaron os traballos de desescombrado para proceder á eliminación do último piso.

A “Casa de Manolete”, como é coñecida, leva paralizada por incumprir as normas urbanísticas dende o ano 2000, e tiveron que pasar case 19 anos para a Xunta obrigase ao propietario a adecuar o edificio á regulación.

Unha obra que define perfectamente a época do #tivaifacendo, e da que nunca se deron depurado as responsabilidades. Quen é o responsable dun atentado que leva afectando á imaxe dunha fermosa vila histórica como Corcubión. Nin o promotor, nin o arquitecto, nin as administracións que deron a licencia no seu día (Rafael Mouzo levaba xa máis de 20 anos no poder, 4 anos co PDT e 17 co BNG) teñen recibido obriga ningunha.

O propietario, que nunca quixo acondicionar o edificio á legalidade, si que foi obrigado agora pola Xunta, unha vez que esta agora xa ameaza con facer ela mesma a obra e despois render contas ou directamente expropiar polo valor catastral.

Así está quedando a zona do solar de cine vello de Corcubión_Foto-Arela Así está quedando a zona do solar de cine vello de Corcubión_Foto-Arela

Parece que o corazón de Corcubión vai cambiar de cara, pero aínda queda moito para poder levar a cabo esa “Reforma Integral da Praza de Castelao”. Segue en marcha o concurso de ideas cos alumnos da Universidade de Arquitectura da Coruña, pero o alcalde fala en clave de lustros para humanizar completamente o espazo.

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/comezaron-as-obras-de-acondicionamento-do-solar-do-cine-vello-de-corcubion/

Máis novas

https://quepasanacosta.gal/reposicion-da-legalidade-urbanistica/

Fonte

Comentarios