Venres. 29.03.2024
El tiempo

Coñecendo Al Natural o disco-lata de Héctor Lera e Dous Calquera

Coñecendo Al Natural o disco-lata de Héctor Lera e Dous Calquera
Elias Outes Drok e Hector Lera e Dous Calquera

Tremendamente orixinal a idea para o primeiro disco dos Héctor Lera e Dous Calquera. Unha auténtica lata de conservas como estuche. De feito, para sacar o disco hai que abrir a lata, e menos mal que trae abre fácil.
Unha idea de Pablo Damonte, veciño e amigo do grupo, e levada adiante por Elías Outes, creador á súa vez do nome da banda xunto co outro calquera, Francisco Javier Domínguez, máis coñecido como Drok.

”Al Natural” foi presentado a pasada fin de semana en Corcubión, a terra de acollimento de toda a familia Lera. I é que ademais de Héctor, o máis habitual pola zona, non é estrano atoparse ao tamén cantante Justo ou ao coñecido actor Chete Lera.

O madrileiro Héctor aparca a eterna voz do Pato Donald, fai esperar aos seus 400 alumnos (dá clase de música nun colexio de Pinto, en Madrid) para cantarnos as rumbas deste cd, que leva repartindo pola península anos. Xa vai tempo que toca con Elías ao baixo e Drok ao caixón. E non lles vai nada mal. Aí está a proba do primeiro disco editado.

Facían unha doble presentación este sábado en Corcubión. Da man da Universidade Cromática das Virtudes convertiron a Capela do Pilar nun magnífico auditorio, para tocar uns poucos temas e explicar detalles da gravación. O público, boa parte amigo de toda a vida, entregouse cas palmas e os sorrisos, ante esa música que levan escoitando en concertos de verán durante anos.

Uns petiscos e xa contra a noite, o Pub Dados xa acollía un concerto con todas as da lei, con todo o público volcado e cantando eses temas que levan escoitando durante anos nos seus xa míticos concertos de verán. Aquí vos deixamos cun temiña tranquilo na Capela:


Hector Lera e Dous Calquera tocando na Capela do Pilar

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios