Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un Outono de rumba con Héctor Lera e Dous calquera

Un Outono de rumba con Héctor Lera e Dous calquera
Xa te podes facer con unha camiseta de Héctor Lera e Dous Calquera

Despois de percorrer o país de punta a punta durante o verán, a banda corcubionesa formada Héctor Lera, Elía Outes e Francisco Javier Domínguez Traba, máis coñecido como Drok, disfrutaron dun mes de setembro relaxado para disfrutar da súa terra. A lendaria voz do Pato Donald aquí cambia de rexistro cara a rumba máis divertida, que deixa ao público cansado de bailar e cantar.

Pero non sen antes deixar pegada cos seus concertos por Santiago de Compostela, Nigrán, Baiona, Vigo, Noia, Riveira, Chantada, Ourense, A Mezquita, Laxe, Cee e Corcubión. Tremenda foi esta Xira de verán 2012 dos "Héctor Lera & Dous calquera". Unha xira da que xa podedes mercar a camiseta da xira a través do Facebook de Héctor Lera.

Así, en setembro, aproveitaron para pasar uns días na República Indepediente das Illas Lobeiras, onde o irmán de Héctor, Joaquín, lles fixo esta simpática grabación. En concerto son tremendos, pero a potencia destas imaxes fala por sí mesma:

E aquí vos deixamos cun directo da xira do verán do 2011 en Corcubión.

Novas relacionadas

Fonte

Outono-Hector Lera e Dous calquera -Video

Comentarios