Domingo. 05.05.2024
El tiempo

FUTFEM: O Muxía escapa

Camarinas e Corme no Cairo-Foto-Fin Lema
Imaxe do Camariñas- Corme no Cairo-Foto-Fin Lema
FUTFEM: O Muxía escapa

Dúas remontadas e unha derrota ante o equipo líder deixou aos tres equipos costeiros da 2ª Div. case sen premio. Escapáronselle 2 puntos ás Miúdas ante todo un Santiso (6º na táboa) o que dá conta, en calquera caso, da melloría das muradás.

Mentres, na Liga da Costa escapa o Muxía, aproveitando o empate do Corme en Camariñas. Dumbría e Ponteceso seguen sumando firmes por detrás, mentres o Fisterra nota e nota a melloría.

En canto ás pichichis, segue Barca Toba (Muxía) no alto con 12 goles en 8 partidos. Con 11 atpamos a Carla (Bergan), e Andrea (Ponteceso) mentres a Andrea do Fisterra ten xa 10. Patri Romaní volveu ser clave na vitoria do Muxía e xa leva 9.
Na 2ª, aparecen pola zona alta a xalleira Olalla e a ceense Paula Viega con 7 tantos, moi lonxe, iso si, da pichichi Alba, do San Pedro, que esta semana lle fixo 3 ao Cee

2ª Div. Feminina, xornada 9

Santiso - As Miúdas (2-2)

  • As Miúdas: Adriana, Atenea, Elba, Alba, Sabela, Paula López, Gala, Marta Piñeiro, Sofía, Cris, Sabela e Pati. Tamén: Naiara, Ximena e Ana Romero
  • Goles: 0-1, m.5: Gala; 0-2, m.15: Gala; 1-2, m.50; 2-2, m.60.

Un partido nun campo moi reducido e con un vento a favor dunha portería que marcaron por completo o xogo. Co vento a favor as muradás dominaron o primeiro tempo e aproveitáronse da axuda con dous goles tras sendos disparos de Gala dende a frontal, que se convertían en golazos. Aínda puideron ampliar a renda as de Lucho pero non acertaron e, co vento en contra, acabaron sufrindo na segunda metade.

Unha segunda de asedio local, conseguindo empatar e mesmo poñerse por diante de non ser polo longueiro, e sobre todo, polo enésimo recital dunha porteira como Adriana, das mellores da categoría.

Con todo, nos últimos 10, coas rivais cansadas, as costeiras deron un arreón e fixeron os seus leves intentos. Resaltar a última xogada, cando tras un corner en contra, Adriana atalla o balón e sae conducindo o balón ata o medio campo e deixa a Cristina diante da porteira do Santiso, pero esta non pode marcar o tanto da vitoria.

Xallas - Pastoriza (1-2)

  • Xallas: Rosio; Laura, Saskia, Maite, Carla; Luchy, María, Barbeira; Paula Barcia, Andrea Otero e Olalla. Tamén xogaron, Inés, Yasmina, Leti, Alicia e Paula Gándara.
  • Goles: 1-0, m.10: Olalla; 1-1, m.45: Alba; 1-2,m .91: Alba.

Comezaron ben as Xalleiras e antes do cuarto de hora xa se adiantaban, grazas a unha boa asistencia de Luchy e a boa definición de Olalla. O Pastoriza creounos perigo en algunha contra ben solventada pola nosa meta Rosio. Cando xa empezara o diluvio e xa estaban coa cabeza no vestiario, chegaba o empate, no desconto do primeiro tempo. Un mazazo importante que nos deixou máis frias que o propio tempo.

Sairon as xalleiras con gañas de ir polo partido e abofé que tiveron o dominio e as mellores ocasións pero outra vez no último minuto do encontro, envorcadas na área rival un despexe en longo sorprendeu a porteira Rosío e suspuxo a inxusta vitoria visitante.

San Pedro - Cee (4-2)

  • Cee: Noemi, Lucía Rod., Lucía Facal, Nerea, Sabela, Laura, Paula Veiga, Nayara, Saray Duarte, Uxía, Lucía Martínez. Tamén: Lucía Sieiera e Antía.
  • Goles: 1-0, m.30: Alba; 1-1, m.31: Nerea; 2-1, m.57: Alba; 3-1, m.62: Alba; 4-1, m.70: Lía; 4-2, m.88: Saray Duarte.

Gris partido en Oleiros das ceenses na visita ao líder da categoría. Partido na que o Cee non se sentiu cómodo en ningún momento, e que tras varias series de chegadas do San Pedro, o Cee encaixaría 4 goles. Ao final intenaron remontar as azuis sen éxito, mais lograron maquillar o resultado cun gol de cabeza nun córner de Nerea, e un golazo dende fóra do área por toda a eschadra de Duarte.

3ª Div. Fem., Gr.2, xornada 9

Mazaricos - Dubra (4-2)

Mazaricos feminino 2324

  • Mazaricos: Valeria, Graciela, Silvia, Paula Maneiro, María Senra, Iria, Antía, Leire, Anxela e Tamara. Tamén Paula Rod., Lúa, Fátima, Mariña e Ara.
  • Goles: 1-0, m.52: Ánxela; 1-1, m.54: Daniela; 2-1, m.61: Anxela de penalti; 3-1, m.70: Silvia; 3-2, m.85: Lara; 4-2, m.87: Graciela.

Partido novamente marcado polo mal tempo e estado do campo. Unha primeira parte na que as de Rachón tiveron o dominio do partido gracias o vento a favor, pero fallaron innumerables ocasións diante da portería e esa falta de acerto faría que se chegase con 0-0 ao descanso.

Como era previsible o Dubra daría unha pasiño adiante co vento a favor, pero un fallo da súa porteira nun rexeite faría que Ánxela adiantara ás locais. Pero o gol o que fixo foi relaxar demasiado ás amarelas que ofrecían varios regalos para o empate. Pouco despois unha man dentro da area visitante seria materializada dende o punto de penalti novamente por Ánxela. Co paso dos minutos o partido foi sendo controlado polas costeiras e tras un xogadón de Lúa e un centro de Mariña sería dende a frontal Silvia quen marcaría un golazo para poñer o 3-1. Novamente as visitantes, a 5 do final, se volvían meter no partido, e xa co Dubra envorcado Graciela sentenciaría o choque nunha contra.

Nicrariense - Fisterra (1-2)

11 do Fisterra en Negreira

  • Fisterra: Zaira, Paula, Lidia, Tamara, Irene, Lucía Marcote, Aroa, Tati, Jimena, Xaira e Andrea. Tamén: Antía, Zeltia, Rosa e Nicole.
  • Goles: 1-0, m.43: Paula García 1-1, m.44: Andrea; 1-2, m.54: Tamara nun córner.

Saíron con gañas de levar o partido as de Fran dende o minuto 1 e foron facéndose dominadoras cada vez máis. Ao borde do descanso encaixarían un tanto pero de contado respodía Andrea nunha xogada individual para poñer o empate.

Na segunda, nun barullo tras un córner, a capi Tamara marcaba o gol da vitoria, pero aínda houbo que sufrir media hora e manter ao Nicrariense lonxe da meta de Zaira.

Corcubión - Muxía (2-4)

  • Corcubión: Elena Atán, Elisa, Alexandra Lojo, Victoria, Marta Lavandeira, Cris, María Castro, Claudia, Helena López, Noa e Andrea. Tamén: Alexia, Carla, Daniela e Paula Trinidad.
  • Muxía: Sheila, Andrea Dom., Patri Romaní, Paula Vilela, Nerea, Elsa, Barca, Irene, Denise, Nuria e marcela. Tamén: Marta, Raquel, Andrea Insua, Paula Rey e Adriana.
  • Goles: 0-1, m.5: Patri Romaní; 1-1, m.24: Alexandra Lojo; 1-2, m.28: Irene; 2-2, m.38: Noa; 2-3, m.43: Patri Romaní; 2-4, m.88: Barca.

Partido igualadísimo no Cubaleiro no que tiveron que volver aparecer as Patri Romaní e Barca para darlle o 8º triunfo en 9 partidos ás de Congui e Imsa Márquez. A primeira metade foi moi igualada, con chegadas nas dúas áreas e pouco control de balón. Patri Romaní abría o partido pronto pero as de Rubén Castillo se repuñan e empataban ata en dúas ocasións, antes de que Patri marcara o terceiro para que as muxiás fosen por diante aos vestiarios.

Na segunda, moita igualdade, e tanto podía caer o cuarto como o empate. Mentres as locais protestaban varias decisións arbitrais, as visitantes sentenciaban xa no treito final, con outro de Barca.

Camariñas - Corme (0-0)

Camarinas feminino plante 2023-2024

  • Camariñas: Karen, Rosana, Rocío, María, Uxía (Desiré, m.46), Cris Mouzo (Ainoa, m.65), Laura Pose, Nuria, Laura Garrote, Saray (Maira, m.46), Carla (Diana, m.70).

Corme CF Feminino 23-24

  • Corme: Belén; Carla Vázquez (Kaila), Laura, Irene, Ana; Nati (Candela), Olalla (Salomé), Carla, Nerea (Lucía), Cris e María (Mónica).
Capitanas do Corme e Camarinas no Cairo-Foto-Fin Lema
Capitanas do Corme e Camarinas no Cairo-Fotos-Fin Lema

Partido moi disputado e competido, con moito xogo no medio campo, sen ocasións claras de gol, con dous equipos moi ben situados no campo. As camariñás botaron en falta ás atacantes Elena e Paula, mentres que as cormelás non conseguiron propoñer moito fútbol. Con todo, dende o Corme valoran o traballo das máis novas, así como o debut de Kaila, xogadora das categorías inferiores.

Dumbría - Cerqueda (5-0)

  • Dumbría: Lía, Carril, Sabela, Martina, Mai, Eva Lema, Serena, Claudia, Fandi, Yoli e Juliette. Tamén xogaron: Naira, Reyes, Lucía, Alba e Icía.
  • Cerqueda: Paula Casal, Jimena, Lucía Rod., Tania, Tati, Irene, Inés, Uxía, Vanesa, Raquel Pose e Lorena. Tamén: Sonia, Alba e Carla.
  • Goles: 1-0, m.7: Fandi; 2-0, m.38: Fandi; 3-0, m.55: Claudia; 4-0, m.59: Sabela; 5-0, m.70: Fandi.

Sen fisuras o Dumbría na visita dun Cerqueda que o intentou en todo momento, pero que se atopou coa versión máis firme do cadro dumbriés, que non dou pé á saída.
Bos cimentos en defensa con orde e na saída de balón do Dumbría, con garra e talento na medular con Eva Lema e Fandi combinando e xerando para que se finalizasen as xogadas con criterio arriba e un resultado cómodo e novamente portería a cero.

O club vén de anunciar a dimisión do adestrador Fran Figueroa.

Ponteceso - Cabana (3-0)

Ponteceso e Cabana feminino no Pinguel

  • Ponteceso: María (Colores, m.59), Berdeal (Mel, m.72), Ainhoa, Myre (Laura R, m.59), Noe (Noemí, m.59), Oanes, Eva, Muiño, Silvia, Andrea, Claudia (Saray, m.72)
  • Cabana: Míriam, Antia (Natalie), Sheila, Aroa, Valeria (Begoña), Inma, Iría (Aitana), Irene, Alison (Alejandra), Adriana (Jessi), Saray (Natalie).
  • Goles: 1-0, m.7: Andrea; 2-0, m.43: Andrea; 3-0, m.60: Andrea.

Capitanas do Cabana e o Ponteceso no Pinguel

Dominio pontecesán durante os 90 minutos, ante unhas visitantes veciñas que pelexaron e puxeron cara.a derrota, pero que non conseguiron poñer en apuros ás metas pondalianas.

Nova vitoria do SD Ponteceso fem
Nova vitoria do SD Ponteceso fem

Bergantiños B - Noia B (2-0)

  • Bergantiños B: Sara Barbeito; Aroa Varela, Valeria, Sarai, Ainhoa; Amelia, Clara, Jimena; Carla, Arancha, Antía. Tamén xogaron: Aroa García, Aïsha, Iria e María.
  • Goles: 1-0, m.45: Sarai; 2-0, m.86: Antía.

4ª vitoria consecutiva do Bergan B de Nacho, e cuarto partido coa portería a cero máis estar xogando cunha xogadora de campo baixo paus. As carballesas tiveron ocasións na primeira metade, pero só entrou un golazo de Sarai xa no desconto. Na segunda, máis dominio, pero menos chegadas das locais, e o partido estivo controlado, pero aberto, ata o remate, cando Antía sentenciou tras un gran pase de Aroa.

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

CRÓNICAS DO FUTFEM

 

Comentarios