Convocan unha reunión veciñal para salvar o Mercado Medieval de Corcubión
A saída pola porta de atrás, e vinculada cos resultados das eleccións, da sociación Organizadora do Mercado Medieval de Corcubión, deixou no aire a celebración dunha das festas máis arraigadas na vila de San Marcos. Con apenas un mes de marxe, sen corporación municipal formada aínda ata o pleno deste venres 7, e con só a subvención da Deputación solicitada para a contratación do Desembarco, a veciñanza tivo que dar un paso adiante.
Así é que un grupo de xente vén de convocar a toda “a veciñanza e ó tecido asociativo local a unha reunión informativa que se celebrará o día 5 de xullo ás 20:00 horas na Capela do Pilar para contar coa vosa colaboración e participación desinteresada para que o Mercado Medieval teña continuidade e se manteña como a referencia que xa é en toda Galicia”.
Así o explican dende a nova Páxina de Facebook Mercado Medieval de Corcubión 2023 ante a inquedanza e incerteza xurdidas no pobo pola premura das datas (teoricamente tería que desenvolverse a fin de semana do 21, 22 e 23 de xullo) e “conscientes das dificultades para montalo con tan pouca marxe e recursos”, esperan a colaboración máxima da veciñanza para manter viva a cita.
Novas relacionadas
- Xuño 23: A Asociación Organizadora do Mercado Medieval báixase do barco.
- Xaneiro 23: Corcubión busca a catalogación de Festa de Interese Turístico para o Desembarco.
CRÓNICAS DOS MERCADOS
- 2022: O Mercado Medieval de Corcubión cumpliu 20 anos para cambiar de ciclo.
- 2019: O Mercado medieval de Corcubión en imaxes.
- 2019: Corcubión e o seu pobo, por riba das modas medievais.
- 2018: Corcubión volve ao medievo con máis forza ca nunca.
- 2013: O Mercado Medieval de Corcubión mantén o seu tirón.
- 2012: O Mercado Medieval de Corcubión non perde tirón.