Corcubión acolle novas exposicións

Novas exposicións as que chegarán, paso a paso, a Corcubión. E chegan da man da Deputación Provincial da Coruña, que está a realizar diversas exposicións itinerantes coas obras gañadoras dos diferentes certames culturais convocados pola propia Deputación, co fin de achegar a cultura a todos os rincóns da provincia.
A sala de exposicións da Casa de Cultura de Corcubión acollerá varias destas exposicións, co seguinte calendario:
- EXPOSICIÓN ARTE NA PROVINCIA 2: do 12 ao 29 de marzo de 2011.
- PREMIO JESÚS NÚÑEZ: do 10 ao 25 de maio de 2011.
- PREMIO LUIS KASADO: do 28 de maio ao 15 de xuño de 2011.
- PREMIO DIAZ PARDO: do 1 ao 13 de xullo de 2011
Exposición Arte na Provincia
Este sábado 12 de marzo inaugúrase a primeira das exposicións. Permanecerá aberta ao público, na Casa de Cultura de Corcubión ata o vindeiro día 29 de marzo. A exposición trata de mostrar a obra dun conxunto de artistas plásticos -24 pintores e 7 escultores- nados ou establecidos na nosa provincia entre os anos 1945 e 1980. Dada a enorme extensión do período considerado, é lóxico que esteamos ante artistas estéticas diferentes, materializadas en estilos tamén moi diversos.
Así a todo, existe un punto de partida común: todos son da provincia da Coruña, aquí están as súas raíces, e os que viñeron de fóra xa se senten un máis de nós.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Corcubión.