Venres. 26.04.2024
El tiempo

A radiONeria pecha temporalmente as emisións a través da FM

A radiONeria pecha temporalmente as emisións a través da FM

Escoitar Comunicado do Peche temporal de emisión

A emisora municipal de Corcubión, radiONeria, vén de pechar a emisión a través do 107.8FM este martes 1 de marzo de 2011. A emisora municipal de Corcubión non emitirá polas ondas temporalmente tras recibir o concello corcubionés unha denuncia dende o Ministerio de Industria.

Ao parecer, o radioenlace entre os estudios da emisora e o repetidor do Monte do Son é ilegal. Ilegal dende o 1995, que foi cando se abriu a conexión co Son. O radioenlace era necesario xa que o concello, daquela dirixido polo BNG, e a propia emisora, dirixida por Pepe Formoso, instalaran un emisor dende os estudios, pero que facía interferencia coas antenas dos veciños dos arredores.

O Ministerio, ao parecer tras unha denuncia anónima, realizou o pasado mes de decembro unha inspección, trala cual formalizaron unha denuncia na que avisaban de que poden caer multas de ata 60.000€. As primeiras alegacións presentadas dende o concello foron denegadas e dende a comitiva municipal xa están preparando as segundas. Pero os asesores xurídicos aconsellan o parar a actividade, polo menos temporalmente, mentres haia un expediente aberto.

A realidade é que dende o Ministerio non ofrecen solucións a un problema, o legal, que atinxe a ducias de emisoras, privadas, libres ou municipais, de todo o país.

Segue en marcha a través da rede

Polo de pronto, o equipo de colaboradores da radiONeria, así como a Asociación Radio Neria, vai seguir emitindo a través do blog e do Facebook da radiONeria.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios