Corcubión acolle unhas xornadas históricas para preparar o Mercado Medieval


Quen mellor que o noso colaborador Víctor Castiñeira, para contarnos como estaba Corcubión na época medieval. O licenciado en Xeografía e Historia, que nos trae cada artes a súa sección Que pasou na Costa, achegarase a Corcubión para ofrecer unha conferencia este sábado 2 de xullo ás 20:30h sobre "A baixa Idade Media na Costa da Morte: As Terras de Nemancos".
Todo no marco das Xornadas sobre o Patrimonio histórico e Artístico de Corcubión na Etapa Medieval, que artella a Asociación Organizadora do Mercado Medieval Costa da Morte estes 1, 2 e 3 de xullo no Cárcere Vello.
Ademais da conferencia o simbólico espazo situado no porto corcubionés, acollerá tres exposicións: unha de fotografías dos Mercados anteriores; unha de obxectos, vestidos...; e outra cunha maqueta da vila de Corcubión no medievo. Estas estarán abertas o venres 1 de xullo de 18:00h a 21:00h e sábado e domingo de 12:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
Para completar a sesión, o cárcere acollerá a proxección dun vídeo do desembarco do 2009.