Venres. 03.05.2024
El tiempo

Corcubión acolleu unha xornada sobre a velutina

Charla no Museo de Corcubion
Corcubión acolleu unha xornada sobre a velutina

O sábado pasado, na Casa da Cultura de Corcubión, desenvolvéronse charlas educativas sobre dous temas relevantes: a etoloxía e o comportamento das velutinas e o arte da apicultura. Estas charlas organizadas pola Concellería de Urbanismo, Medio Ambiente e Sustentabilidade de Corcubión, realizadas no marco da campaña na súa loita contra a avespa velutina, atraeron a unha importante afluencia de persoas interesadas nestas materias, reflectindo o crecente interese público en cuestións relacionadas coa ecoloxía e a biodiversidade.

Os relatores foron Isidro Rodriguez (Empresa Plaguibert) e o Apicultor foi Javier Sambade (Camariñas).

No referente á charla sobre a etoloxía e o comportamento das velutinas, Isidro Rodriguez proporcionou una información detallada sobre esta especie invasora de avespa asiática e o seu impacto no ecosistema local. Discutíronse temas como o seu ciclo de vida, hábitos de anidación e comportamento alimentario, así como estratexias efectivas para controlar a súa propagación e minimizar o seu impacto nas poboacións locais de abellas e outros insectos.

Por outra banda, apicultor camariñán Javier Sambade falou sobre o arte da apicultura, ofrecendo unha visión xeral sobre a cría e o coidado das abellas, destacando a súa importancia para a polinización e a produción de mel. Abordáronse técnicas prácticas para establecer e manter colmeas saudables, así como consellos sobre como fomentar un entorno favorable para as abellas na comunidade.

 

Comentarios