Corcubión apúntase ao puntoGal
Seguen os Concellos da Costa (e QPC) integrándose na rede galega. Outro dos concellos que muda o dominio da súa web municipal, que pasa a ser www.corcubion.gal.
O xa novo alcalde Lalo Insua asinaba no marco da pasada celebración das Letras Galegas un documento no que recoñece que “o .gal é o dominio que nos corresponde como nacionalidade con fortes vínculos históricos, culturais sociais… unha especie de sufixo co que identificar en internet as páxinas galegas, e que tendo en conta a nosa dispersión no mundo, non se circunscriba a un ámbito territorial concreto”.
Neste sentido, fan un guiño aos 2 millóns de galegos que hai polo mundo, ademais dos outros 2 que temos a sorte de vivir na nosa terra.
Os contidos en galego, que teñan marca propia para facernos máis visibles dentro deste espazo de comunicación global.
Novas relacionadas
- Apelido galego para o Concello de Mazaricos na rede.
- Vimianzo, o 6º Concello costeiro con apelido puntogal.
- Xa está operativo o quepasanacosta.gal.
- concellocoristanco.gal, outro concello con apelido galego na rede.
- Carballo.gal: Carballo xa ten apelido galego en internet.
- Ponteceso, primeiro concello costeiro entra no proceso Pioneiros para conseguir o .gal.
- Por fin un dominio e un dicionario de sinónimos en galego.
Fonte
- Concello de Corcubión.