Corcubión e Carnota toman o relevo e mergúllanse no proxecto Escora Danza

Repasamos onte as accións realizadas polo proxeco Escora Danza en Camelle e Baio. Hai que poñer o foco xa en Carnota e Corcubión, onde se desenvolve a última parte deste singular proxecto de achegamento á danza contemporánea.
Un proxecto que aprendeu a mergullarse no tecido asociativo e cultural da comarca, para conseguir ese arraigo que lle está permitindo mesmo renovar o mundo da tradición a través da danza contemporánea do rural costeiro. Un proxecto cunha sensibilidade social e comunitaria especial, “unha oportunidade coa que seguer construindo relacións de proximidade a través da arte e a cultura”, valora a concelleira de Cultura de Corcubión, Maria Bella.
No caso de Corcubión a proposta foi enfocada a unha mestura entre programa de residencia, obradoiros e presentacións vinculado ás artes vivas preparados ou participados xunto a outras axentes, colectivos e grupos e espectáculos abertos a todos os públicos.
Así, Felix Fernández é o artista proposto en residencia polo proxecto durante dez días nos que o seu obxectivo é profundizar e preparar a presentación en Corcubión da súa peza en proceso “Xavier a través de min”. Neste tempo, o artista ofrece ademais achegarse a claves do seu traballo a través de distintas iniciativas como a de un obradoiro adicado ás mulleres do programa municipal de envelecemento activo ou un faladoiro aberto ao público preparao coa colaboración de estudantes de oratoria e antropoloxía do IES Fernando Blanco, apoiados pola profesora Celtia Sar e coa mediación das Asociacións Universidade Cromática das Virtudes e Boca de Sapo.
Por outra banda, o outro foco de Escora en Corcubión esta posto na proposta do Colectivo AB.íO que ademáis de presentar a súa peza Reikiavik no espazo público, nun lugar tan emblemático como fermoso como é a Praza da Igresia, levarán a cabo un obradoiro participado polas falmilias da Plataforma Reiseñores NEE / NEAE Costa da Morte no Campo de San Roque.

Así, o programa para Corcubión para estes días é completísimo:
- Venres 24 de maio de 2024:
- Ás 18:00h na Casa da Cultura: Conversa aberta ao público con Félix Fernández introducida por parte do alumnado de antropoloxía e oratoria do IES Fernando Blanco de Cee coa mediación das Asociacións Universidade Cromática das Virtudes e Boca de Sapo.
Sábado 25 de maio de 2024:
- Ás 11:30 no Campo de San Roque (na Casa da Cultura en caso de chuvia): Obradoiro de danza impartido por Ánxela Blanco e Beatriz Rubio, compañía AB.íO, para as familias da Plataforma Reiseñores.
- Ás 19:00h diante da Igrexa de San Marcos (na Casa da Cultura en caso de chuvia): Danza na rúa co espectáculo “Reikiavik” da compañía AB.íO.
Ás 21:30h na Casa da Cultura: Espectáculo de danza, coa Mostra do espectáculo en proceso «Xavier a través de min» de Félix Fernández. Idade recomendada +12 anos.
2 estreas mundiais en Carnota

Este domingo 26 de maio, a partir das 19:00h haberá dúas estreas mundiais diante da Igrexa Santa Comba. Raquel Ferradás estreará o seu espectáculo Mesura, mentres que o colectivo WTF estreará “Ay, cariño!”.
Tamén hai Obradoiro co Clube de Fútbol De Carnota e coa asociación Sonlilá.