Venres. 26.04.2024
El tiempo

Corcubión debate sobre a conservación e revalorización da nosa riqueza forestal.

Corcubión debate sobre a conservación e revalorización da nosa riqueza forestal.
A vaga de lumes deste pasado final de ano, deixou un pouso na sociedade sobre a necesidade de repensar o noso monte. Entidades de todo o país xuntan sinaturas para levar a chamada #ILPdoBosque ao Parlamento Galego, pedindo outra xestión do noso monte. E con ese mesmo obxectivo nacía en novembro a Asociación Boca de Sapo (Comunidade Eco-Social e Cultural), tendo claro que “outra xestión do monte é posible”. Precisamente nesa liña vai un dos seus primeiros actos públicos, enfocados na concienciación, como o demostrou a súa moción que permitiu que Corcubión se declarase como “Concello libre de eucaliptos”. Agora trae unha mesa redonda con especialistas no mundo agroforestal. A cita será este sábado día 10 de marzo ás 12:00h no Auditorio do Pilar e servirá para reflexionar sobre as alternativas á xestión forestal cuns ponentes de auténtico luxo, que exporán as súas teses dende diferentes perspectivas dende a súa experiencia para así dar unha visión diferente de como tratar, defender, conservar e revalorizar a nosa riqueza forestal. Os ponentes serán:
  • Joam Evans: Antropólogo. Membro da Sociedade Coluna Sanfins ( Lousame).
  • Jesús De La Fuente Villas: Enxeñeiro de Montes. Profesor de Formación Pofesional Forestal (Lourizán)
  • Marcos Ferreira: Enxeñeiro de Montes. Experto en Xestion Forestal (Pobra do Brollón)

Novas relacionadas

Artigos sobre os incendios

Fonte

Comentarios