![Emprecor fixo a entrega dos premios]()
Emprecor fixo a entrega dos premios do IV concurso de pinchos de Corcubión
A asociación empresarial de Corcubión - Emprecor - acaba da dar os premios do IV concurso de pinchos que tivo lugar a pasada fin de semana na vila. No evento gastrómico participaron 13 establecementos. Os clientes otorgáronlle o galardón do "Pincho máis Sabroso" ao restaraurante As Hortensias e o do "Pincho máis Orixinal" foi par o do bar Bujeiro.
Ana Pais Redonda, Ricardo Mariño Canosa e Laura Blanco Cortegoso foron os gañadores de cadansúa cea para dúas persoas valorada en 60€. Mentras que Alicia Antelo, Sonia De Pazos Elorza e Marcos Vázquez obtiveron un vale de 100€ para gastas en calquera dos establecementos asociados.
Este IV do Concurso de Pinchos en Corcubión tivo como novidade a posta en marcha dunha ferramenta -
Quedamosdetapas - que se usou para a organización e a difusión do concursos e da ruta gastronómica. Para iso contaron coa colaboración da empresa
SIXTEMA dirixida por Alejandro Lamas.
Novas relacionadas
- 13 establecimentos de Corcubión cociñan un novo Concurso de Pinchos
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Emprecor