Corcubión homenaxeou á súa médica Emilia
18:31 15/09/24
A Emilia Feijóo Fdez. xubilouse recentemente tras exercer durante 41 anos na sanidade pública, no centro de saúde de Corcubión. Máis de medio centenar de persoas quixeron xuntarse para renderlle homenaxe este sábado 14 de setembro.
Cunha comida no Restaurante Carrumeiro da localidade, veciños de diferentes xeracións agradeceron a Emilia pola súa dedicación e atencións durante tantos anos.
Emilia Feijóo é natural de Ourense, pero desenvolveu a maioría da súa vida profesional en Corcubión, onde segue vivindo desde hai máis de catro décadas.