Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Corcubión e Laracha toman medidas restritivas cos deportes nos areais

236715370_5955756081162969_2253224331778757902_n
Corcubión e Laracha toman medidas restritivas cos deportes nos areais

A alta ocupación de areais como Quenxe ou Caión están provocando reaccións por parte dos concellos. Por Corcubión, o Concello anunciou que “quedan prohibidos, ata novo aviso, os xogos de pelota nos momentos de de máxima afluencia e de marea media-alta cando o areal diminúe considerablemente, facilitando a convivencia e tranquilidade de todos os usuarios”.

Por Caión, o Concello da Laracha prohibe xa a práctica do surf na praia de Caión na temporada de verán durante as horas de maior aglomeración de persoas. A decisión tómase coa finalidade de garantir a seguridade e despois de que se detectase a afluencia dun importante volume de surfistas en hora punta e con marea alta –cando a superficie do areal se reduce en gran medida-, o que derivou en situacións de risco e perigo para os bañistas que compartían espazo con eles.

A práctica do surf continuará permitíndose tanto de maneira regulada (a través das escolas) como libre durante as horas restantes do día.

Comentarios