Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Corcubión libera libros viaxeiros pola vila

Corcubión libera libros viaxeiros pola vila

A Biblioteca Pública Municipal de Corcubión tamén celebra o Día Mundial do libro do Libro, cun par de actividades.

A primeira desenvolverase do sábado 22 ao luns 24 de abril, coa colaboración dos usuarios do Club de Lectura, que liberarán libros de diferentes temáticas, por diversos lugares da localidade. Se atopades algún deles, podedes rexistralo na páxina web www.bookcrossing.es  indicando o código que ven no lomo de cada libro e nas etiquetas interiores. Despois, volverá a deixarse noutro lugar para que outra persoa o recolla, convertíndose así en "Libros viaxeiros".

Xa o mércores 26 de abril, a Biblioteca acolle a presentación da obra de Ramón Marcote, "Obra en prosa. Vol. 1" realizada por Modesto Fraga Moure como a segunda obra da "Biblioteca da Fisterranía", e que foi presentada en Fisterra a semana pasada.

Comentarios