Corcubión retrata o seu casco histórico no novo Concurso de Fotografía

08:52 30/10/14

Preparando xa a visita á exposición de Ramón Caamaño, a Universidade Cromática das Virtudes non ten parada. E arma un mes moi fotográfico. Esta rapazada corcubionesa xa ten en marcha o novo concurso de IX Concurso de Fotografía Corcubión.
Este ano a temática será sobre o Casco Histórico, pero tamén haberá outra temática libre para optar ao “Concurso cromático”. Cada persoa pode presentar ata 3 fotos, optando a premios que van entre os 150 e os 50€.
Ademais, todas as fotografías servirán para facer unha fermosa exposición na Capela do Pilar durante o Nadal.
O prazo está aberto ata o 10 de decembro, día incluído, hai que presentalas no Concello, e o fallo farase o 19 dese mes, ás 20:00h na Capela do Pilar.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Corcubión e UCV.