![Auditorio do Pilar de Corcubion na mesa de Boca do Sapo-Foto-Senen Insua]()
Quedou pequeno o Auditorio do Pilar de Corcubión na mesa de Boca do Sapo-Foto-Senén Insua
Inesperado éxito de participación o que viviu a
Asociación Boca de Sapo no seu primeiro evento. O auditorio do Pilar quedou pequeno, demostrando que
hai moita xente interesada en falar sobre a xestión do monte. Moita xente de Corcubión, pero tamén de Carnota, Muxía, Vimianzo, Dumbría… achegáronse para tomar nota de como
o monte pode salvar a vida rural contra o despoboamento. Ben é certo que se botou de menos a algún propietario, e iso que estes foros están pensados precisamente para eles, e nunca contra eles.
Foron
tres clases maxistrais de tres poñentes que chegaban cas cousas moi claras, cunha linguaxe moi directa e pouco técnica, que conectaron moi ben ca xente, e permitiron que se alongase o turno de preguntas e comentarios. Un xeito ideal de ir
tecendo redes, e poñer en valor a
iniciativa cidadá. "Non é política, simplemente ganas de facer cousas", reflexionan os organizadores.
Todo arredor desa idea de salvar a aldea demograficamente, e preparalas para defenderse dos lumes. “Se a xente soubese que hai máis alternativas a plantar un eucalito, seguro que quedaba máis xente, que tamén é difícil subsistir en Madrid ou Barcelona, e temos que poñer en valor a calidade de vida das aldeas”, valoraban.
![Francisco Santiago Lopez presentando a mesa de Boca de Sapo sobre a xestion do Monte-Foto-Senen Insua]()
Francisco Santiago Lopez presentando a mesa de Boca de Sapo sobre a xestión do Monte-Foto-Senén Insua
Abríu a quenda de poñentes
Jesús De La Fuente Villas, Enxeñeiro de Montes. Profesor de Formación Pofesional Forestal (Lourizán), que falou da defensa contra os lumes, sobre como se debe argallar a paisaxe en torno a unha aldea para loitar contra os lumes. De la Fuente falou da súa experiencia na comundade de montes de Froxán, que quere rehabilitar 100 hectáreas de monte (case como todo o monte corcubionés) e como están quitando pouco a pouco eucalitpos e prantando frondosas de xeito paulatino. Un plan que se combina ademais con accións sociais como unha campaña de crowfunding, ou a presencia en galardóns internacionais.
O Enxeñeiro de Montes e experto en Xestion Forestal
Marcos Ferreira foi en encargado de poñerlle nome ao despoboamento do rural, e falou en clave local sobre a súa experiencia nunha aldea na que el vive na Pobra do Brollón, onde só viven unha ducia persoas. Repasou problemas concretos como o de manter limpo o monte se a propietaria é unha señora maior sen descendencia, e como o cooperativismo e a solidariedade son fundamentais en comunidades rurais.
O antropólogo
Joam Evans explicou o traballo da Sociedade Coluna Sanfins (Lousame).
![Marcos Ferreira Jesus de la Fuente e Joam Evans Mesa debate de Boca de Sapo sobre outra xestion do monte-Foto-Senen Insua]()
Marcos Ferreira, Jesús de la Fuente e Joam Evans con Francisco Santiago López na Mesa debate -Foto-Senén Insua
Máis citas
”Hai que facer máis cousas destas”, coincidiron os membros da entidade organizadora, que valoran a idea dun dos poñentes de facer
albaroque para coidar e disfrutar do monte, que consiste nunha boa limpeza e despois unha festa con actuación.
Novas relacionadas
Artigos sobre os incendios
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).