Martes. 16.04.2024
El tiempo

Corcubión tamén se tingue de negro polo #25N

Corcubión tamén se tingue de negro polo #25N
Corcubion polo 25N

Seguimos coñecendo os programas dos 14 concellos da comarca adheridos á campaña En Negro contra as violenxias de xénero, no marco do 25 de Novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Corcubión fará partícipe a toda a hostalería, comercio e asociacións, repartindo material para tinguir de negro a vila durante os días 22, 23, 24 e 25 de novembro. Os interesados poden recoller o material nas oficinas municipais dende 19 ata 21.

Ademais, a Concellería da Muller e Igualdalde arma varias actividades, como o obradoior de contacontos da man de Palmira Castro (mimadriña.com) no Ceip Praia de Quenxe, a exposición Express-arte que acolle o IES Fernando Blanco do 3 ao 17 de decembro; ademais da concentración e lectura do manifesto o venres 23 de novembro ás 12:00h diante da casa do Concello.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/novembro-en-negro-na-galeria-mulleres-coa-nobel-da-paz-nadia-murab/

Máis novas

https://quepasanacosta.gal/cee-tamen-se-pon-en-negro-polo-25n/ https://quepasanacosta.gal/camarinas-tamen-se-pon-en-negro-contra-a-violencia-de-xenero/

Comentarios