O BNG leva o Centro de Día de Corcubión á Valedora do Pobo

Oscar Insua coa Valedora do Pobo
Oscar Insua coa Valedora do Pobo
O BNG leva o Centro de Día de Corcubión á Valedora do Pobo

O deputado do BNG pola Costa da Morte, Oscar Insua, mantivo un encontro coa Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, este mércores 3 de setembro, co obxectivo de dar a coñecer a problemática en torno ao centro de día de Corcubión. A reunión respondeu á necesidade de expoñer a negativa reiterada por parte da Xunta a asumir a apertura e xestión do servizo, o que suscitou mobilizacións por parte do Concello de Corcubión e da veciñanza para esixir a posta en funcionamento do centro.

Oscar Insua explicou que a necesidade de que Corcubión dispoña dun centro de día tivo boa acollida por parte da Valedora do Pobo, que se amosou disposta a facer o posible para atopar unha solución á problemática. 

“Démoslle traslado da importancia de que Corcubión e a comarca teñan un centro de día público, dado que na Costa da Morte non existe nin unha soa praza dispoñible deste servizo”, manifestou o parlamentario nacionalista. 

Histórico do Centro de Día

Comentarios