Corcubión volve poñer en marcha as clases de ioga para maiores

08:15 12/01/23
O vindeiro 17 de xaneiro, comezará de novo o programa de Envellecemento Activo en Corcubión coa actividade de Ioga, para as persoas residentes en Corcubión, maiores de 55 anos.
Como vén sendo costume, será o martes e xoves de 17 a 18 horas, na Casa da Cultura. Para máis información, dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais ou chamar ao teléfono 981745400.