O pobo de Corcubión volve unirse polo Centro de Día
Non desiste a vila de Corcubión na loita polo seu máis que necesario Centro de Día. E mira que xa pasaron máis de 15 anos sen que as administracións, nomeadamente a Xunta, faga posible o proxecto.
Desta volta, tralas intentonas municipais e da Deputación, volve ser a veciñanza, como fixera sobre o 2020, a que lidere esta demanda. Así, a plataforma de Xuntos Polo Centro de Día de Corcubión, convoca para o vindeiro sábado día 7 de decembro, ás 12:00h, no Casino de Corcubión.
Dende a Plataforma, consideran a demanda de "necesidade ineludible", para cubrir "as necesidades básicas tanto de persoas enfermas e dependentes que necesiten este tipo de atención, como familiares que dende o máis absoluto silencio se encargan do seu coidado e atencións, tendo que renunciar á súa propia vida persoal e laboral, para soportar o traballo físico e psicolóxico que supoña prestar coidados no domicilio durante 24 horas exclusivamente a esta persoa enferma e dependente, fixéronnos dar este paso para fronte ao compromiso coa sociedade".
Poñen o acento persoal en todas esas veciñas, maiormente mulleres, que asumen as labores dos Coidados, e a ecesidade.
"Somos unha plataforma veciñal totalmente apartidista, cuxo obxectivo é poñer o Centro de Día de Corcubión está operativo", deixan claro, pedindo compromiso e unanimidade a todas as forzas políticas. "Un edificio totalmente rematado durante 10 anos, para dar servizo a 22 usuarios. O único que falta é o mobiliario e o traballadores sanitarios".
Histórico sobre o Centro de Día de Corcubión
Aló por 2009 xa a rehabilitación do edificio do Asilo para convertilo nun Centro de Día era unha das principais demandas do envellecido pobo corcubionés. En 2011 a Deputación comezaba as obras de rehabilitación do edificio, que non remataban ata 2014. Dende ese mes de novembro, 10 anos despois, o edificio do Asilo segue esperando a instalación dun centro de día que podería dar cabida a unhas 22 persoas, se ben polo medio tamén houbo quen pediu a creación dunha Residencia de Maiores Pública aproveitando o abandonado edificio do Hotel El Hórreo.
Aquí podedes ver o histórico nova a nova:
- Novembro 2024: "Negar os centros de día é unha forma de violencia e de maltrato ás persoas dependentes”.
- Xullo 24: O Concello de Corcubión volve a denunciar a negativa da Xunta a abrir o Centro de Día.
- Outubro 23: O PP rescata a petición de Sempre Corcubión e pide convertir o edificio do Hotel El Hórreo nunha residencia de maiores.
- Novembro 21: Sempre Corcubión volve pedir a creación dunha residencia de maiores pública e comarcal.
- Abril 2021: Propoñen adquirir o Hotel El Hórreo e convertilo nunha Residencia comarcal para maiores
- Decembro 2020: O eterno retraso do Centro de Día de Corcubión volve ao Parlamento.
- Febreiro 2020: “Na Road Trip Protesta a Rianxo aprendimos que un Centro de Día é posible, e significa dignificar aos maiores”.
- Outubro 19: Boca de Sapo presenta 1.000 sinaturas para esixir a apertura do Centro de Día de Corcubión.
- Xullo 19: Un berro silencioso, e medieval, pola apertura do Centro de Día de Corcubión.
- Maio 2019: Corcubión enteiro sae á rúa polo Centro de Día.
- Maio 19: A cidadanía de Corcubión mobilízase polo Centro de DíaA cidadanía de Corcubión mobilízase polo Centro de Día.
- Camariñas, Corcubión e Ponteceso valoran o si da Xunta ao Centro de Día de Malpica.
- Outubro 2018: A Xunta volve negarse a poñer en marcha o Centro de Día de Corcubión.
- Outubro 2018: “Os técnicos de Servizos Sociais da comarca de Fisterra trasladaron á Deputación a necesidade de abrir o Centro de Día de Corcubión”
- Setembro 2017: O BNG critica a postura da Xunta co centro de día de Corcubión.
- Setembro 2017: A Xunta rexeita a abrir o Centro de Día de Corcubión
- Novembro 2015: O BNG de Corcubión pregunta polo esquecido Centro de Día.
- Maio 2014: O Centro de Día de Corcubión ve a luz.
- Xaneiro 2013: O BNG de Corcubión denuncia un novo retraso nas obras do Centro de Día
- 09-03-11: O BNG de Corcubión pide á Deputación financiamento para rematar o Centro de Día.