mércores. 30.04.2025
El tiempo

Corcubión volveu secundar a concentración nacional por Palestina

Concentracion por palestina en Corcubion
Concentracion por palestina en Corcubion
Corcubión volveu secundar a concentración nacional por Palestina

A Praza Castelao de Corcubión acolleu este luns 31 de marzo unha nova mobilización solidaria da Costa da Morte con Palestina, que continúa a sufrir a ocupación e xenocidio dos sionistas. Convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina en máis de 40 vilas do país (con epicentro en Santiago cunha xornada cultural organizada por Mohamed Safa), e apoiada polo BNG Costa da Morte, unha trintena de persoas deron lectura a un manifesto no que se reitera que "non caemos no esquecemento do sufrimento da poboación palestina". Ademais, denunciaron que "o goberno galego continúa sen ser capaz de realizar unha mínima declaración institucional a favor dos dereitos humanos ou de condena do xenocidio". 

"O pobo palestino ten dereito a non renderse. Ten dereito á resistencia en todas as súas formas. Ten dereito a librarse da ocupación e, como todos os pobos do mundo, ten dereito á autodeterminación. Ten dereito a que regresen as refuxiadas e os refuxiados. E, sobre todo, ten dereito a unha vida en paz, nunha terra libre".

Concentracion por palestina en Corcubion.jpg

Comentarios