Venres. 19.04.2024
El tiempo

Corcubión xa palpa o medievo

Corcubión xa palpa o medievo

Quedan 2 días para o comezo do XII Mercado Medieval Costa da Morte. E Corcubión xa treme. Pálpase a mobilización que tanto caracteriza a esta cita, algo máis especial que as que se veñen inventando nos últimos tempos. I é que a participación do pobo é fundamental, e é o que fai desta cita, unha referencia en toda a provincia.

A empresa Fusión Medieval (por certo a mesma que tivo que anular o Mercado Pirata de Laxe con tan só unha semana de antelación cando o Concello xa tiña toda a maquinaria en marcha) xa está engalando a vila con pendóns. Os postos locais xa están armados a base de madeiros. E a xente está xa sacando os disfraces do trasteiro.

Preparando o Desembarco

De feito, xa están formadas as tropas que defenderán Corcubión das tropas do Arcebispo de Santiago. Farano durante o magnífico Desembarco, unha das citas claves da fin de semana que se celebrá na noite do venres na praia de Quenxe. Así, o pobo participará na representación (non tanto coma no 2010 pero si dun xeito activo) e a xente que queira participar pode acodir ás 21:30h do venres á Igrexa de San Marcos, sen necesidade de ensaiar.
Así o acordaron durante a reunión de onte, na que mesmo se presentaron varios irmandiños vimianceses que uniranse á loita para defender a bisbarra.

Mercado Medieval Costa da Morte Corcubión Desembarco 2012

3 días de actividades

Serán 3 días (venres 20, sábado 21 e domingo 22 de xullo) sen parada. Con espectáculos cada 15 minutos en todas partes da vila. Música, malabares, teatro, actividades para nenos, maxia, danza do ventre, espectáculo de bonecos, cetrería, ocas, cabalos, o Fauno, e talleres de artesanía, vidro, ferro, madeira, barro... Un mar de cousas que facer salpicada pola comida máis propia: moito porco celta e algunha outra cousa sorpresa con xente da zona.

Este é o Programa completo do XII Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión:

Pincha para ler o Programa do Mercado Medieval Costa da Morte Corcubión 2012

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios