Domingo. 05.05.2024
El tiempo

"A democracia só se defende con máis democracia"

Rafael Mouzo-Mohamed Safa e Luis Lamela
Rafael Mouzo, Mohamed Safa e Luís Lamela onte na Capela do Pilar
"A democracia só se defende con máis democracia"

Quedou pequena, unha vez máis, a capela do Pilar de Corcubión para a charla-debate sobre o auxe do fascismo na nosa sociedade. Un tridente de grandes oradores formado por Rafael Mouzo (como moderador), Mohamed Safa e Luís Lamela debullaron as razóns dese actual triunfo dos discursos do odio. Non puido estar a fotoxornalista Alba Cambeiro, invitada inicialmente.

Foi o actual concelleiro Francisco Santiago López, como organizador da Ecocomunidade Boca de Sapo, o que manifestou “a necesidade de defender a democracia con máis democracia”. “Estes actos de memoria, de recordar o que pasou no pasado para evitar que volva acontecer no presente, son de vital importancia aínda que sexa en humildes actos coma este. Estamos moi contentos e valoramos o acto como moi positivo, xerando un debate máis que necesario”, recoñece o tamén organizador Álex López ao remate da xornada.

Unha xornada aberta cunha magnífica a posta en escena de Rafael Mouzo, coa súa lucidez habitual, facendo un pequeno currículo do historiador Lamela e do activista e escritor Safa.

Lamela centrou o seu discurso no coidado da Memoria Democrática, e na necesidade da memoria como eixe principal da resistencia ante o auxe fascista.

Safa falou máis en clave actual. Sinalou que a ultradereita esta organizaba a nivel europeo, e deixou patente a necesidade de actos de resistencia coma este, ademais de incidir na necesidade de chamar as cousas como o que son. “Non hai que dicir eu non son fascista, hai que dicir eu son antifascista”, sinalaba rotundo.

Despois chegaba unha interesante quedan de preguntas ante un auditorio do máis comprometido con xentes de toda a comarca.

Capela do Pilar chea

Comentarios