Denunciado un condutor en Corcubión por subir un vídeo a Facebook facendo trompos
08:46 14/02/17
Un turismo BMW Z3, accedendo a unha zona peatonal facendo círculos sobre si mesmo, facendo deslizar o eixe traseiro, chegando a soltar o volabte cas dúas mans. Así era o vídeo que atoparon os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Corcubión polas redes sociais, e que procederon a denunciar.
A denuncia por conducir de forma temeraria xa está na Xefatura da Coruña.
Fonte
- Tráfico.