mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Desembarco popular volve converterse nun dos puntos quentes do Mercado Medieval de Corcubión

Ensaio do Desembarco do Mercado Medieval de Corcubion
Así foi o ensaio de onte na praia de Quenxe
O Desembarco popular volve converterse nun dos puntos quentes do Mercado Medieval de Corcubión

Quece motores o Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión. Esta fin de semana, do 26 ao 28 de xullo, a vila de San Marcos volverá ser invadida polos postos de artesanía e gastronomía, ademais de polas numerosas actividades que encherá de vida as rúas. /p>

E unha das chaves desta XXII edición é a implicació do pobo. Ese pobo que salvou o ano pasado o Mercado da súa desaparición, e que este ano se envorca en facer un dos mellores Desembarcos máis auténticos da última década.

Estas tardes/noites, en canto a sombra vai botando aos bañistas, a comitiva teatral dirixida por Yago Coronila, Adriana Balufo, Elisa Lema; Marina Gómez e Marina Mouzo invande o areal de Quenxe para realizar os ensaios. Máis de medio centenar de veciños e veciñas formarán parte dese exército popular que botará das terras corcubionesas ás tropas do Arzebispo Rodrigo de Luna, situándonos no 1457.

Unhas tropas que arribarán na praia de Quenxe o venres ás 22:30h, cando comece a obra. Participará a empresa Hípica Celta, que traerá cabalos, ademais do cruel papel de Caamaño, e o seu exército de soldados.

En fronte o pobo corcubionés, con dous actores locais do grupo Farándula Velutina como grandes protagonistas. Efrén Arteaga fará Riobo, e Elisa Lema de Xoana de Castro, escoltados de case todas asociacións do pobo, como Xaldón, A Escola de Teatro de Cee e de Corcubión, Farándula, Universidade Popular… Precisamente a integración dun grupo de pequenas bailaroas de Xaldón será unha das novidades da posta en escena.

Programa completo

Polo demais, serán 3 días de artesanía, gastronomía e actividades de rúa, con música (ollo que volven Acibreira!), teatro, cetrería..

Máis novas

Comentarios