Xoves. 18.04.2019
El tiempo

“Deseucaliptización”, “Fariña” e “Apoderamento”, entre as candidatas a converterse na “Palabra do Ano”

“Deseucaliptización”, “Fariña” e “Apoderamento”, entre as candidatas a converterse na “Palabra do Ano”
A lingua está absolutamente vinculada á sociedade. E así o demostra este concurso que abren a Real Academia Galega e a Fundación Barrié a través da útil plataforma Portal das Palabras, para atopar a #PalabradoAno. Este 2018 o concurso demostra que está sendo un ano clave na loita feminista, e importante no proceso de concienciación do coidado dos nosos montes. Por exemplo, 3 das finalistas son palabras directamente vinculadas coa considerada a cuarta vaga feminista: “Feminismo”, “Apoderamento” (que ademais é un dos últimos neoloxismos incorporados ao dicionario galego), e “Sororidade” (“o pacto entre mulleres para diminuír a fenda entre a súa posición social e a dos homes”). Así mesmo, as “Brigadas deseucaliptizadoras” teñen traspasado as fronteiras do monte para sumerxirse no mundo da linguística. Deste xeito, “Deseucaliptización”, que aquí na Costa da Morte se fixo realidade gracias ao traballo das brigadas corcubionesas de Boca do Sapo, entra tamén entre as 6 candidatas. A incidencia da ultradereita na sociedade europea tamén está representada neste concurso, coa presencia de “Fascismo”. E paralelamente, constatamos a importancia do poder mediático, a través da presencia das series de televisión e o éxito dunha serie tan nosa como “Fariña”, creada a raíz do indispensable libro de Nacho Carretero. Xa podes votar, ata o 25 de decembro ás 23:59h, a través de portaldaspalabras.gal/palabradoano/ entre as 6 candidatas. Ademais de “Deseucaliptización” hai outras 5 moi famosas este ano: Fariña, Apoderamento, Feminismo, Sororidade e Fascismo.

As últimas palabras

As palabras escollidas teñen moito que ver coa situación social do país. Por exemplo, o ano pasado a palabra escollida foi “Afouteza”, coincindo coa campaña do Celta de Vigo. Se en 2016, a escollida foi “Irmandade”, en 2015 a xente escolleu “Refuxiados”, coincidindo coa marea que chegaba dende medio oriente. Máis simbólica aínda foi a #PalabradoAno de 2014, “Corrupción”, cando comezaban a destaparse os casos do PP e do PSOE.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/122599-2/

Comentarios