Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As familias de Corcubión aprenden a xestionar os problemas de xénero, alimentación e tecnoloxía

Obradoiros formacion Maria bella
As familias de Corcubión aprenden a xestionar os problemas de xénero, alimentación e tecnoloxía

Máis que interesante o programa de obradoiros que vén de preparar María Bella para a comunidade escolar do CEIP Praia de Quenxe. A través do CFR (Centro de Formación e Recursos) o centro prepárase para recibir 3 sesións do programa "Crecer xunt@s en tempos fráxiles”. Serán 10 horas destinadas a pais e nais, e tamén á mestres, non só do centro senón de toda a comarca.

O primeiro obradoir, “Tódalas mulleres que coñezo”, está programado para o próximo 25 de marzo de 16,30 a 19,30 e propón xerar un espazo de escoita e conversa ao redor dos medos e as vulnerabilidades en clave de xénero. A perspectiva da que parte é en feminino e desde a voz de mulleres mais a idea do obradoiro é que a reflexión nos convoque a todas e todos.

Para o 29 de abril, será Silvia Méndez a que imparta a sesión sobre alimentación saudable.

E finalmente, o 20 de maio será Lía Brea a que fale para as familias sobre a “cONsciencia OFFline”, relativa a favorecer o uso responsable das novas tecnoloxías por parte d@s nos@s fill@s.

O aforo da actividade é limitado e hai que inscribirse a través do correo [email protected].

Comentarios