Fina Paulos e Óscar Rey Calo levan a IA a Corcubión

10:11 06/03/25
O Centro Recreativo e Cultural de Corcubión organiza un novo evento no Casino. Desta volta traen a presentación do libro “Intelixencia Artificial para a sociedade”, creado por Fina Paulos e Oscar Rey Calo. Os premiados mestres do IES de Baio traerán as chaves para que a veciñanza aprenda a utilizar a IA nas cousas máis sinxelas este sábado ás 12:00h.