Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Parque de Bombeiros de Cee volveu quedar pechado

Bombeiros de Cee en loita
Así está o parque de Cee
O Parque de Bombeiros de Cee volveu quedar pechado

Continúan as consecuencias da mala xestión do Consorcio Provincial Contraincendios ante o conflito laboral cos profesionais. Uns Bombeiros que piden melloras salariais, máis persoal e máis mantemento dos seus medios, e que coa única medida de non aceptar realizar horas extras, provoca que os parques teñan que ser pechados continuamente, provocando que máis de 40.000 cidadáns fiquemos orfos nun servizo tan fundamental coma este.

Este domingo, o Parque de Bombeiros de Cee, en plenas festas da Barca, quedou pechado de novo. Os Bombeiros costeiros denuncian hoxe nun comunicado:

Atopámonos nunha situación total de indefensión ante a pasividade de quen son os reponsables maximos de garantir a seguridade da cidadanía, os cales, polos feitos que demostran, parece que lles importa pouco, pois tiñan solucións na súa man para poder arreglar estes peches. As distintas administracións, Deputación, Xunta e o Consorcio Provincial non foron quen de atallar e solventar esta situación en tempo e forma, dando “largas” unha e outra vez, observando que foi no momento en que asumindo o período de folga, nos negamos a seguir realizando quendas extras dadas as condicións que non se equiparan o resto de servizos. Non se trata únicamente de falla de persoal e dunha planificación ao respecto, atendendo as distintas estadísticas de cada zona de cobertura e a xestión dos cartos nese senso, senón que cabe lembrar puntos tan sinxelos como:
- A nula reposición de vestiario laboral, incidindo non só na uniformidade, senón directamente nos E.P.I.s. Os compañeiros que veñen de bolsa a cubrir vacantes e baixas, aparecen con roupa de ferretería e cada un co "estilo" que lle proporciona o Consorcio, engandindo a falla total do equipamento preciso.
- Vehículos e materiais que xa teñen os seus anos e que moitos Parques pasamos polo aproveitamento ata os límites, vendo sobre todo, como a outros colectivos se lles mima máis en material, olvidándose da parte profesional correspondente. Ás veces temos máis perigo nos traxectos que nas propias intervencións. Só hai que ver como son os nosos vehículos PickUp, onde hai compañeiros que "literalmente" co seu 1,80 mts., a condución resulta difícil polo habitáculo dos mesmos.
- Non hai licitación para o mantemento dos vehículos, solventando os problemas mecánicos grazas a algún taller local.
- Todo isto consecuencia de que ata que se iniciou a folga, nos atopamos con moita acción-reacción política no tempo transcurrido anteriormente, pero ningunha solución real da mesma”.

RELACIONADOS

Comentarios