La Terraza do Hórreo repasou a situación en Israel con Alberto Pradilla

A veciñanza da Costa da Morte continúa moi relacionada coa situación na franxa de Gaza. O pasado martes, a sesión tocaba no Bar La Terraza do Horreo que acollía a presentación dun libro sobre a situación en Israel. O periodista e escritor navarro Alberto Pradilla presentou o libro “El judío errado”, froito dos seus meses de estancia en Israel e en territorio ocupado.
Unhas 20 persoas, de colectivos sociais da zona, achegáronse con moito interese, para escoitar a dinámica charla de Pradilla e para interesarse polo diferente material que traía o Comite de Solidariedade da Costa da Morte COSAL.
Como xa falara un dos activistas máis importantes no noso país, Mohamed Safa, falamos dun problema de ocupación. E un problema serio, xa que a idea de todos e cada un dos israelís, é que "o fin último sempre é quedarse con todo o terreo".
Pradilla falou mesmo de auténtico "Aparheid", destacando que trala súa experiencia, o israelí medio ten unha consideración dos palestinos como "non humanos".
Pero ollo coa axuda humanitario que chega dende os países chamados "desenvolvidos", que non sempre é positiva, senón que peca de velo sempre dende unha perspectiva demasiado occidentalista. "Ás veces, os que chegamos alí con gañas de axudar dende occidente, comportámonos como colonos de esquerdas, dirixindo a liberdade, e non escoitando que é o que realmente os palestinos queren", apuntaba Pradilla.
Novas relacionadas
- Cee cambia o rumbo da economía mundial.
- Os centros educativos da zona tamén participan na campaña Rumbo a Gaza.
- COSAL e Buserana achegan o conflito de Gaza á Costa da Morte.
- Cee solidarizouse con Palestina a base de gargalladas.
- Entrevista con Mohamed Safa: “Os palestinos non falamos dun problema ideolóxico, senón de ocupación”.
Máis novas
- A Costa abriu os ollos contra a violencia de xénero.
- COSAL condena o agravamento da situación no Sáhara.
- Este verán, acolle un neno saharahoui.
- Charla con COSAL sobre a emigración: Todos somos emigrantes.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).