Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O Mercado Medieval de Corcubión cumple 20 anos invoclucrando de novo ao seu pobo

Presentacion Mercado Medieval Corcubion 20222
O Mercado Medieval de Corcubión cumple 20 anos invoclucrando de novo ao seu pobo

Presentábase onte o programa do XX Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión. Ademais do alcalde Manuel Insual, o deputado José Manuel Pequeño, e o representantes da Estrella Galcia, José Luís Gómez, o representante da Asociación organizadora Aquiles Garea debullou un programa completo que ten como cumio, a representación teatral do Desembarco.

Será na noite do venres 22 cando o pobo corcubionés represente o Desembarco das tropas do Arzebispo de Santiago na ría de Corcubión no ano 1.457, e como o pobo de Corcubión, malia estar sen exército, puido combater a súa invasión gracias á valentía de todo un pobo comandado polo heroe Riobó.

Precisamente esa involucración da xente da vila é un dos grandes distintivos desta festa. Se ben non son xa aqueles tempos nos había un centenar de veciñ@s implicados na representación, este ano si que os actores volverán ser da casa. Neste caso, o grupo de teatro local Farándula Velutina actuarán no Desembarco.

Mercado Medieval de Corcubion

Como novidade, durante a tarde do sábado 23 haberá un espectáculo de luz e son con “Suaren Batalia”, e o domingo 24, o peche será coa actuación “Errantes”, do grupo Troula.

Programa

Programa do Mercado Medieval Corcubion 2022

Programa do Mercado Medieval Corcubion 2022 1

Crónicas dos Mercados

Comentarios