Martes. 10.12.2019
El tiempo

Un Mercado Medieval por riba das modas

O Mercado Medieval de Corcubión xa está en marcha
O Mercado Medieval de Corcubión xa está en marcha
Un Mercado Medieval por riba das modas

Tralo rexurdir do ano pasado, cunha das mellores edicións que se lembran, a expectación arredor do Mercado Medieval Costa da Morte é máxima. Cumpre 19 anos á única feira medieval que segue viva pola zona, a única que supera as modas pasaxeiras, gracias á implicación do pobo corcubionés, e do ben que marida un casco vello ben conservado cunha feira destas características.

Volverá ser a recreación do Desembarco das Tropas do Arzobispo Rodrigo de Luna o gran punto diferenciador da cita corcubionesa. Un Desembarco no que os veciñ@s serán fundamentais como parte da obra, dixirida como o ano pasado por Especialistas Hípica Celta. A praia de Quenxe convertirase na noite de venres nun campo de batalla, na que Xoana e o seu vasalo Gomes de Rioboo defenderán o pobo de Corcubión do malvado Capitán Caamaño.

Unhas horas antes, darase apertura ao mercado, e a vila xa comezará a vibrar cos postos de artesanía, gastronomía… que locen en todas as feiras, así como os pasarrúas de música e o teatro de rúa, destacando a presencia do coñecido Fauno, ou os espectáculos de cetrería. Non haberá parada ata a noite do domingo.

Programa e carteis

Cartel do XIX Mercado Medieval Costa da Morte 2019

Desembarco do XIX Mercado Medieval Costa da Morte 2019

XIX Mercado Medieval Costa da Morte 2019Programa do XIX Mercado Medieval Costa da Morte 2019

Novas relacionadas

Comentarios