Modesto Fraga leva a Don Emerito de volta ao seu Corcubión natal
10:16 01/10/24
Desiderio Paz Figuera, “Don Emerito” é historia de Fisterra. De aí que Modesto Fraga adicase o terceiro volume da súa Biblioteca da Fisterranía ao polifacético autor corcubionés.
Porque Don Emerito era da Vila de San Marcos, de aí a importancia de facer unha presentación do libro na súa vila natal. E que mellor sitio que o Casino de Corcubión, e da man da Asociación Centro Recreativo y Cultural de Corcubión.
A cita será o sábado 5 de outubro ás 12:00h.