Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Moito máis que unha limpeza. Unha xornada de concienciación directa

Moito máis que unha limpeza. Unha xornada de concienciación directa
Alumnxs do Areouta limpando a praia de Sardineiro 3 Alumnxs do Areouta limpando a praia de Sardiñeiro Valiosísimas as accións que se desenvolveron este pasado venres en varios puntos do noso litoral. Entidades e centros de ensino participaron na VII "Limpeza Simultánea de Praias" que organiza en toda Galicia a Asociación Ecoloxista Adega, nunha xornada que vai moito máis alá da mera, e non de pouca importancia, limpeza dos nosos areais. Unha xornada de concienciación directa, para que a mocidade vexa cos seus propios ollos que estamos facendo coa nosa natureza nesta era dos plásticos. E non, non se trata de “quitarlle traballo aos do concello" como aseguran algúns intentando lavar as súas propias conciencias. Son accións directas de limpeza e mentalización da necesidade de cambiar os nosos hábitos de consumo para mellorar a nosa relación co planeta. OMA e Mar de Fábula na praia de Bens copia OMA e Mar de Fábula na praia de Bens

En toda a bisbarra

Senda Nova limpando a lagoa de Baldaio Senda Nova limpando a lagoa de Baldaio A Costa da Morte participou dende diferentes lugares: A Asociación Mar de Fábula, por exemplo, organizou unha limpeza na praia herculina de Bens. A carballesa Senda Nova armou unha completa limpeza na Praia de Baldaio nas Saíñas (no interior da lagoa). Tamén puxeron as luvas as bravas protagonistas da Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro Seo Fisterra Ría Muros-Noia, que deixaron como unha patena a praia de Abelleira (Muros). Igual que fixeron os voluntarios do Concello de Muxía coa Praia dos Muíños. Voluntarios de Senda Nova na Limpeza de Praias Voluntarios de Senda Nova na Limpeza de Praias Mulleres dda Pesca de Muros e nOia en Abelleira Mulleres da Pesca de Muros e Noia en Abelleira Pero este ano os protagonistas foron os alumn@s de Baio e Fisterra. En Baio saíron ata a praia de Laxe a familia do IES Maximino Romero de Lema. Pero é que en Fisterra o fixeron, gracias á colaboración do Concello e do colectivo Narea, todos os centros de ensino do municipio. Alumnxs de Fisterra na praia de Talon Alumnxs de Fisterra na praia de Talón Uns foron á praia de Talón, o punto e final das correntes, outros á Langosteira, e outros como o CEIP Areouta, foron á praia de Sardiñeiro. En Talón, por exemplo, como nos relatan as bravas voluntarias do colectivo Narea, houbo moitísimas emocións. Non só por todo o lixo que se eliminou (uns 700 litros, máis de 80 kg, de "alóctonos" (calquera ente (biolóxico ou non) que non é indíxena do lugar onde se atopa). Se non porque ademais dos propios alumn@s, achegáronse ao lugar varios veciños voluntarios de Corcubión, nais de varias ANPAS, compañeiras da Escola de Teatro, algún peregrino que se topa, de súpeto coas "guerreiras do lixo”… Atoparon de todo, dende bastoncillos para os oídos, tapóns, sprays, boias, cordas, estachas e cabos, caixas de peixe, os típicos topes das cordas dos mexilòns, madeiras, algunha garrafa e limpiadores diversos... Toda clase de botellas de auga, refrescos, envases de comida, chisqueiros e moitos anacos de microplásticos e porespán... os cadáveres dun arroace, dun corvo mariños... ”Foi unha xornada na que tamén houbo tempo para discurrir cantas xeracións poden disfrutar dos 600 anos que tarda en descompoñerse unha rede, ou os 60 dunha lata de refresco, os 200 dunha botella de auga de plástico e ata os 250.000 anos que tardarán os residuos radioactivos dos que xa gozamos neste planeta”, explica Sole Méndez de Narea. Alumnxs do Areouta limpando a praia de Sardineiro 2 Alumnxs do Areouta limpando a praia de Sardiñeiro Recollendo lixo na praia de Talon Recollendo lixo na praia de Talón

Novas relacionadas

“No Día Mundial dos Océanos, unha limpeza de praia máis, non sirve para nada” — Que pasa na costa “As toalliñas, o gran inimigo dos ríos” — Que pasa na costa “Unha necesaria limpeza ás esquecidas Illas Sisargas” — Que pasa na costa “A Costa da Morte foi a zona con máis conciencia na Limpeza Simultánea de Praias” — Que pasa na costa

Comentarios