mércores. 07.05.2025
El tiempo

Novas asembleas do BNG en Coristanco e Corcubión

Novas asembleas do BNG en Coristanco e Corcubión
Asemblea Aberta do BNG de Corcubión Asemblea Aberta do BNG de Coristanco

Chaman á participación os grupos do BNG de Coristanco e Corcubión para as asembleas que artellan esta fin de semana. Despois da realizada en Cee, e seguindo o programa de asembleas locais en toda a bisbarra, agora tócalle o turno á vila fisterrá e á bergantiñá.

En Corcubión, as xornadas “Construíndo Futuro. Implícate”, chega para o sábado 11 de outubro ás 19:00h na Capela do Pilar.

Mentes, en Coristanco será o sábado, ás 20.30horas, no Edificio Administrativo, situado fronte ao Concello de Coristanco.

”O BNG chama agora a transformar toda esa indignación veciñal en enerxía positiva, e construírmos o futuro de Coristanco dende a participación”. “Este sábado o BNG convoca a todas as veciñas e veciños a participar desta asemblea aberta e a debatermos cal é o futuro que queremos para o noso concello e para o noso país, e a comezar a construírmolo dende xa, entre todos e todas”.

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG de Cee.

Comentarios