Martes. 17.09.2024
El tiempo

O BNG de Corcubión ofrece aparcar "vellas rencillas" e formar un goberno de ampla maioría

O BNG de Corcubión ofrece aparcar "vellas rencillas" e formar un goberno de ampla maioría
Lalo Insua e Xose Ansede do PSOE e BNG de Corcubion

Parece que afronta o Concello de Corcubión un novo tempo. As eleccións do pasado 24M deixaron un panorama moi semellante ao que houbo na pasada lexislatura, pero semella que as posturas entre os grupos políticos están máis achegadas.

Hoxe é o BNG de Corcubión o que se ofrece a partircipar e colaborar nun goberno de ampla maioría.

Así o indica Xosé Ansede, voceiro do BNG local, lembrando que “Corcubión é un Concello que nos últimos anos non evolucionou o ritmo desexado a respeito doutros concellos da comarca en diferentes materias. Non axudan para unha evolucion positiva, politicas baseadas no enfrontamento veciñial e de vellas rencillas, reprobadas polos veciños e que as organizacions politicas temos a obriga de desterrar”.

Considera Ansede que “saímos dun periodo electoral onde a cidadania, reclama o fin do enfrontamento. As eleccións situaron a duas forzas politicas en igualdade de condicions. Temos, as forzas politicas máis votadas o mesmo n° de votos (3) en cada un dos plenos que se celebren durante os proximos catro anos, pero tamén en conxunto unha ampla maioría”.

Por iso as bases do BNG pide “entendemento entre forzas nacionalista e de esquerda que socialmente sempre foi ben aceptado e nesta lexislatura podese plasmar na Deputación, non tendo sentido, unha vez analisado o resultado electoral, non facelo en Corcubión si pensamos no ben común do pobo”.

Así piden “o esquecemento de vellas rencillas" polo que na mesma liña e disposición de continuar coas conversas mantidas antes da investidura, o BNG de Corcubion vén de facer entrega dun escrito ao grupo municipal do PSdeG-PSOE de Corcubión ofrecéndose para a apertura de conversas co fin da conformación dun goberno de ampla maioria para traballar por e para Corcubión.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Corcubión.

Comentarios