Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG de Corcubión pide revisar as axudas do comedor escolar

O BNG de Corcubión pide revisar as axudas do comedor escolar

Segundo denuncia o BNG de Corcubión, os recortes nos orzamentos chegan ata o comedor escolar dada a situación actual de crise económica. O Concello, que informaba dos recortes aos pais e nais dos escolares con esta carta, aprobaba unhas axudas ao ANPA de 24.000€ para o comedor, pero seguirá sendo o propio Concello o que xestione as axudas, estableza o baremo e recolla as solicitudes.

O grupo municipal do BNG "está de acordo en que sexa o concello quen xestione as solicitudes das axudas para o comedor, seguindo o procedemento administrativo correspondente, pero en ningún caso o que decida unilateralmente os criterios". É máis, o BNG insta ao alcalde a que "se reuna coa ANPA e modifique os criterios para axustalos ás necesidades reais de moitos pais e nais, xa que con eses baremos unha familia de tres membros cuns ingresos de 1200€ non terían ningún desconto xa que tamén eliminan a axuda directa do concello do 50% do custe do comedor escolar."

Nesa liña "o BNG esixe que se adecuen as ratios do baremos e se aumenten as axudas segundo os niveis de renta da Galiza". Engaden que "se sumamos a esto, que a axuda destinada ao comedor escolar no orzamento municipal deste ano, 26.000€ (rebaixada no plan de axuste aprobado polo PP e o PSOE locais a 24.000 €), quedou practicamente agotado nestes seis meses do curso pasado, non van quedar máis de 2000€ de axuda para o primeiro cuadrimestre do vindeiro curso".

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG de Corcubión.

Comentarios