Luns. 18.11.2019
El tiempo

O BNG de Corcubión pide solucións ao Concello aos problemas dos escolares

O BNG de Corcubión pide solucións ao Concello aos problemas dos escolares
O desertico Parque infantil do CEIP Praia de Quenxe de Corcubion O desértico Parque infantil do CEIP Praia de Quenxe de Corcubion

A biblioteca municipai pechada e o parque infantil do CEIP Praide Quenxe, en situación lamentable. Dúas situacións que vive o Concello de Corcubión e ante o Concello non fai ningún movemento. Ou así o entende o BNG, que pide ao alcalde, a través do portavoz municipal, Xosé Ansede, “un pouco de esmero e que faga algo por solucionar estes problemas. Non se pode fardar de superávit, e despois desatender servizos básicos, sobre todo os que afectan aos poucos nenos que xa temos no pobo”.

Explican dende o BNG que a Biblioteca municipal estivo máis dunha semana pechada ao público, debido á baixa do persoal responsable. E lamentan que “dende o goberno local non se fixo absolutamente nada para tratar de substituír á bibliotecaria, nin para informar aos usuarios do peche das instalacións”. “É extraño que existindo unha bolsa específica de substitución para esa praza, siga sen utilizarse como si se fai con outras bolsas”, apuntan.
Afortunadamente a profesional xa volveu a traballar e os cativos poden usar a infraestrutura.

Por outra banda, no colexio público “Praia de Quenxe” o parque infantil atopábase nunha situación “moi lamentable, con xogos podres e desfeitos, o que supón un auténtico perigo para os rapaces”, valoran. Un parque do que xa hai un ano se retiraron os elementos apodrecidos, que a día de hoxe non representa ningún perigo que realmente amosa un aspecto desértico. Aquí o que corresponde é volver a ter un parque infantil en condicións e para os nenos máis pequenos do cole de Corcubión, que eran os principais usuarios, como se asegurou no último consello escolar.

Comentarios