xoves. 01.05.2025
El tiempo

O camiño de Fisterra-Muxía xa ten credencial e mapa propios

O camiño de Fisterra-Muxía xa ten credencial e mapa propios
solpor credencial A presentación tivo lugar onte na taberna O Ribeiro de Corcubión A asociación de empresarios do Camiño de Santiago Fisterra-Muxía Solpor presentou onte un dos seus proxectos estrela: a credencial que se lles dará a todos aqueles peregrinos que estando en Santiago se acheguen ata Fisterra. O documento foi deseñado polo historiador e presidente da entidade - Antón Pombo - e as acuarelas foron cedidas por José Manuel Yáñez Rodríguez. Durante o acto, tamén se presentou un mapa propio da prolongación xacobea deseñado pola empresa Sixtema - liderada polo corcubionés Alejandro Lamas - en colaboración coa Boutique Creativa BC2. Esta primeira tirada é de 15.000 exemplares que se fixeron coa colaboración da Deputación da Coruña. Tanto o mapa como as credenciais repartiranse en Santiago de Compostela e en Negreira así como entre os socios da entidade. Mapa do Camino a Fisterra-Muxia-Solpor Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Solpor

Comentarios