O concello de Corcubión abre o prazo para participar no programa Lecer
09:50 16/06/15
O Concello Corcubión abre o prazo de inscrición para participar no programa Lecer; un proxecto de conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
As diversas actividades lúdicas e educativas que se inclúen dentro do programa desenvolveránse de lusn a venres en horario de 10:30 a 13 horas, ao longo dos meses de xullo e agosto.
O principais destinatarios deste programa son os nenos e nenas de entre 4 e 10 anos, con prioridade para os que residan dentro do municipio corcubionés.
presentou o programa de actividades lúdicas e educativas de cara a este verán. A Concellería de Servizos Sociais de Corcubión organiza para os meses de xullo e agosto, o programa Proxecto lecer de conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Un programa que está pensado para os nenos de entre 4 e 10 anos.
As interesadas/os poden inscribirse no departamento de Servizos Sociais Municipais ou chamando ao 981 745 400.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Corcubión.