O Concello de Corcubión e a Xunta reúnense para axilizar o PXOM

19:54 11/02/14

Un proceso que aínda non remata aquí
Parece ser que despois da xuntanza, os responsables do Concello xa están ao tanto dos trámites que teñen que levar a cabo para a aprobación do mesmo. En resumidas contas, o proceso pasaría pola aprobación do novo planeamento no pleno municipal e a súa exposición pública para a presentación de alegacións. Unha vez que se lle incorporen as alegacións aceptadas e os informes sectoriais necesarios por parte das outras administracións implicadas, o Concello terá que remitilo á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para a súa aprobación definitiva.O Concello leva 8 anos para elaborar o PXOM
Polo de agora, o Concello de Corcubión réxese por unhas normas do ano 1989. E leva máis de 8 anos elaborando no novo planeamento (desde 2004) cunha axuda da Xunta de 70.500 euros.Fonte
- Gabinete de comunicación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.