Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Concello de Corcubión rexeita a subida da factura do lixo e as políticas a favos das grandes eléctricas

O Concello de Corcubión rexeita a subida da factura do lixo e as políticas a favos das grandes eléctricas
Contra a subida da factura do lixo

Ata un 34% sobe a factura polo tratamento do lixo de SOGAMA. Os concellos que até agora pagaban 61,5 euros por tonelada de lixo tratado, pasarán a aboar 82,1, un aumento que se aplica sobre o 50% da factura que se remite aos lares, xa que a outra metade do recibo se refiere a outros conceptos.

Así informa a empresa pública SOGAMA (Sociedade Galega de Medio Ambiente), participada pola Xunta de Galicia e Gas Natural-Fenosa, nunha nota na que a compañia comunica aos concellos que desde primeiros do ano próximo se producirá o incremento para compensar as perdas da empresa.

A incineradora de Cerceda viu reducidos os seus ingresos pola venda de electricidade nuns 13 millóns de euros anuais como consecuencia da decisión do goberno central, de Mariano Rajoy, de eliminar as primas ás enerxías renovables. O caso é que "Gas Natural-Fenosa, que posúe un 49% de Sogama, non quere asumir un descenso de beneficios, e a Xunta mira para outro lado neste asunto trasladando aos concellos o problema e obrigando a estes a acrecentar as tarifas do lixo".

Así é como o entende o Concello de Corcubión, que ademais lembra que "se goberno galego optou por un modelo de incineración, Sogama só recicla o 1,5% do lixo que recibe frente ao promedio do 24% do conxunto da UE, debe asumir o custo económico que esa opción política significa. Se se optou por unha opción que envía un 47% do lixo ao depósito directamente, frente a outras opcións máis ecolóxicas e baratas que pretenden a redución en orixe e a reciclaxe, débense asumir as consecuencias".

Así, "o Concello corcubionés oponse a esta medida que antepón os intereses de Gas Natural-Fenosa aos dos cidadáns deste país", e critica estas "decisións políticas que benefician ás grandes compañías enerxéticas españolas, como a tomada polo executivo central do PP, non deben pagalas os cidadáns"."É inxusto e inmoral que, mentres os modestos traballadores ven reducidos cada día os seus salarios, asuman maiores custos fixos como este que repercuten nunha peor calidade de vida", denuncian.

Polo tanto, presentará unha moción no vindeiro pleno contraria a esta medida.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Corcubión.

Comentarios