Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Por unha planta de tratamento de residuos en Cee

Por unha planta de tratamento de residuos en Cee
Imaxe da Planta de Reciclaxe de Lousame Volve o BNG de Cee prantexar a posibilidade de que o Concello acolla unha das 6 plantas de compostaxe que vai construir a Xunta. E así nos informan logo de que o pasado xoves 13 de xaneiro a Xunta aprobase o Plan de Residuos 2011, no que ademais das 6 plantas van construir unha nova planta de tratamento de residuos semellante á xa existente en Cerceda (incineradora de Sogama), que se ubicará no sur de Galiza.

Un sistema limpo de tratamento de residuos

Dende a corporación do BNG local aseguran que "as plantas de compostaxe contempladas van ser relativamente pequenas, e cun sistema de tratamento aerobio dos residuos, moi semellantes á que existe no Concello de Lousame para tratar os residuos da Mancomunidade da Barbanza". Continúan explicando que "este sistema difire das grandes macroplantas como a de Nostián (que trata os residuos da cidade de A Coruña e do Consorcio das Mariñas), que tamén é unha planta de compostaxe, pero emprega un sistema anaerobio para tratar os residuos, con aproveitamento de biogás, e que xa quedou patente a súa pouca funcionalidade, con multitude de problemas e cunha inoperancia obvia". Sen embargo, recorda o BNG de Cee que "a planta de tratamento de residuos de Lousame é a que máis recicla de todo o estado español". Dende o BNG de Cee "sempre se puxo de manifesto a necesidade de conseguir o tratamento integral de todos os residuos xerados no noso entorno dun xeito sustentábel, para satisfacer as necesidades do presente sen por en perigo a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades". Por iso queren traer de novo á palestra a moción presentada o pasado mes de xuño trasladando a necesidade de ofrecer a localidade para albergar unha desas 6 plantas de compostaxe. Lembran que "unha instalación destas características non só trata os residuos dun xeito sustentable, senón que tamén xera arredor de 150 postos de traballo directos e numerosos de forma indirecta". Por este motivo, consideran "que non é suficiente remitir o acordo plenario á consellaría competente, senón que o alcalde debe solicitar unha reunión co conselleiro para tratar este asunto e manifestarlle o máximo interese da corporación neste proxecto". Ademais, o "BNG de Cee traslada ao goberno da Xunta a preocupación pola decisión que adoitan de continuar apostando pola incineración como método principal para o tratamendo dos residuos, instándoos a que reconsideren esta postura e non se licite a construción dunha nova incineradora".

Sistema de auto-compostaxe

Informa tamén o BNG de Cee que no Diario Oficial de Galiza (DOGA) do martes, 4 de xaneiro de 2011, publicouse a orde do 29 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galiza para o financiamento de proxectos en materia de xestión de residuos. "Dentro das actuacións subvencionábeis están as encamiñadas á prevención e recollida selectiva de residuos, e dentro deste punto está recollido o capítulo que inclúe a subvención do fomento da autocompostaxe", explican. O BNG de Cee presentou unha moción para instar ao concello de Cee a instalar este sistema para o tratamento dos residuos de natureza orgánica naqueles lugares de interese, que abranguen dende o ámbito rural mediante composteiros individuais ao ao ámbito semiurbano e urbano mediante a compostaxe comunitaria, obviamente en composteiros de maior volume. Agora que esta actividade está subvencionada, e o prazo para pedir as axudas remata o 15 de febreiro, consideramos que é o momento para que o Concello dea un paso adiante en favor do medio ambiente, e recordamos entre outras, as múltiples vantaxes que ofrece tratar a materia orgánica deste xeito, destacando:
  • Beneficios ambientais, xa que cabe sinalar que a reciclaxe da materia orgánica en orixe (que na composición media do lixo supón preto do 50 por cento), ademais de posibilitar a súa transformación nun abono natural co que substituír aos fertilizantes químicos, evita que esta se desvíe aos contedores convencionais.
  • Beneficios económicos, xa que dende este punto de vista, a redución da xeración de residuos traerá consigo unha diminución das cantidades entregadas a Sogama, o que representará un menor importe da factura a aboar esta empresa pública.
  • Beneficios dende a perspectiva social, xa que hai que subliñar a comodidade que supón para a veciñanza do rural dispoñer nas súas casas dos medios necesarios para desfacerse, dunha forma ecolóxica, da metade do lixo xerado.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.

Comentarios