Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Ioga, unha das actividades máis demandadas do inverno corcubionés

O Ioga, unha das actividades máis demandadas do inverno corcubionés
Ioga Corcubion

Volve o ioga a Corcubión. Unha desas actividades fixas para o inverno corcubionés que só descansa polo verán dende hai 8 anos, no marco do Programa de Envellecemento Activo. Un programa, subvencionado pola Deputación, de prevención pensado para promover a autonomía persoal e o dereito á participación social, prevendo o deterioro da saúde mental e física das persoas maiores.

Dende o primeiro ano participan unha media de 30 persoas. Ademais, o curioso é que ao principio só participaban mulleres pero nestes dous últimos anos, xa se empezan a animar algúns homes.

Así, volve abrirse o prazo de inscrición de Ioga para persoas maiores de 55 anos. A actividade terá lugar todos os martes e xoves de 17.00 a 18.00h na Casa da Cultura, durantes os meses de outubro, novembro e decembro. As persoa interesadas en participar deberán inscribirse no departamento de servizos sociais da Casa do Concello, ou chamando ao teléfono 981745400.

Fonte

  • Concello de Corcubión.

Comentarios