O libro dos 50 anos do Fútbol da Costa ten novas citas nas comarcas de Bergantiños e Fisterra


Esta vindeira semana toca botar unha ollada atrás no mundo do Fútbol da Costa. I é que falamos de moito máis que unha liga de modestos, como recordaron os autores nas primeira presentación do seu libro en Baio. I é que o libro “50 anos da historia do fúbol da Costa (1964-2014)”, así o ratifica.
E Xosé Mª Rei Lema e Chema Rei, tras achegarse esta fin de semana á Feira dos Libros de Compostela, xa teñen armadas novas presentacións para as comarcas de Bergantiños e Fisterra. O venres 8 de maio ás 20:00h, toca cita na Tenda dos Libros de Ponteceso, e o sábado 9 ás 12:00h na Taberna O Ribeiro de Corcubión.

Dúas citas para coñecer centos de datos e anécdotas destes dous enormes coñecedores do noso fútbol. Parecen interesados na cita os clubes de cada comarca, e esperan que haxa tamén quorum para realizar unha interesante conversa entre míticos de aquí e alá. Por exemplo, en Corcubión esperan contar coa participación dos Manolín, Nito, Jorge Calabanda, Cambeiro, Sieso, Chisco, José Carlos, Manín, Alexandre Nerium, ou o propio Gabriel Riveiro 'Bebeto’. Ademais, as directivas dos clubes da zona, mesmo os finados O Pindo e Pereiriña, parecen con gañas de escoitar as historias míticas do noso deporte favorito.
Onde podes atopar o libro?
Son xa varias as librerías nas que está á venda o libro "50 anos da historia do fútbol da Costa (1964-2014)" e durante os vindeiros días iranse ampliando.
- BAIO:
- Librería Artigas (Avda. Vidal Ríos, s/n)
- Librería Torre Penedo (R/ Mestre Platas, s/n). - CARBALLO:
- Librería Brañas (R/ Gran Vía nº 79). - PONTECESO:
- A Tenda dos Libros (Avda de Anllóns nº 2). - SANTIAGO DE COMPOSTELA
- Libraría Couceiro (Praza de Cervantes nº 6)
- Libraría Pedreira (R/ Home Santo nº 55). - VIMIANZO:
- Librería Roget (Praza do Concello nº 2). - ZAS:
- Librería Acuarela (Estrada de Santiago nº 33). - ARTEIXO:
- Libraría Á lus do candil (R/Historiador Verdía).
A obra

Novas relacionadas
Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa
- Chema Rei: Aqueles anos no Balsiño.
- Xosé María Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- Xosé María Lema Suárez: O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa.
- O libro Mar de Paixón nace percorrendo ducias de anécdotas sobre a historia do Fútbol da Costa.
Artigos de Héctor Pose do libro “Mar de Paixón”
- Os imprescindibles.
- Miculita-Sieso-Manín: tridente letal.
- O Míster.
- Manolo… Manolo Casal.
- Periscal e… gol!.
- Remexer nos papeis doutros.
- Tonié.
- Un gol en Santa Comba.
- Domingo de fútbol.
- Un Mar de Paixón: Un proxecto…, xa traxecto.
Outras novas
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- Presentación do Álbum de cromos: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).